Normas de convivencia

Normas de convivencia

RESPECTO:
  • Valoramos o respecto e a consideración por todos os que nos rodean como formas excelentes de amosar e compartir o mellor do que somos cada un de nós.
  • É de boa educación saudarnos; non podemos descoidar este aspecto nin outras regras básicas de cortesía
  • Escoitamos con atención a opinión dos demais, evitando calquera burla ou comentario descortés.
  • Coidamos a nosa linguaxe, evitando palabras ou expresións malsoantes e insultos.
  • Respectamos os locais de uso colexial (aulas, salas polivalentes, biblioteca, patios, laboratorios e obradoiros) e coidamos os materiais que están a disposición de todos nós.
  • Deixamos as salas que empregamos ben ordenadas para o grupo seguinte.
 
 ASISTENCIA AO COLEXIO:
  • Acudimos ás clases e aos actos organizados no colexio e facémolo con puntualidade. A asistencia é obrigatoria.
  • Procuramos, no que dependa de nós, que as citas médicas non coincidan no horario lectivo.
  • Xustificamos por escrito e de antemán as nosas ausencias ou retrasos previstos. As non previstas xustificámolas cunha chamada a recepción por parte dos nosos pais, mediante escrito á volta á clase ou mediante comunicado en la plataforma de comunicación.
  • Se faltamos a algunha clase anterior a un exame establecido sen causa xustificada, perdemos o dereito a examinarnos nese día. O profesor/a da materia informaranos en que momento o realizaremos.
MOVEMENTOS POLO COLEXIO:
  • Facemos os nosos desprazamentos polo colexio (corredores, escaleiras…) con orde, procurando camiñar con axilidade e falar baixo para non entorpecer o traballo doutros grupos.
RECREOS:
  • Durante o recreo non quedamos na clase nin nos corredores e escaleiras (exceptuando aqueles casos que sexan autorizados polo titor ou dirección).
  • En cumprimento da normativa legal vixente, os alumnos da PRIMARIA e ESO permanecemos no recinto colexial e non saímos a rúa.
  • Estamos atentos a chegar con tempo suficiente á clase á volta do recreo.
  • En cumprimento da normativa legal non está permitido fumar ou comsumir bebidas alcohólicas nas instalacións do colexio.
  • Facemos uso das papeleiras e procuramos manter limpos os patios.
  • Se temos que acudir á recepción durante o recreo facémolo co permiso do profesor que estea no patio nese momento.
 NA NOSA CLASE:
  • Evitamos o ruído e a desorde nas aulas durante a clase e tamén nos descansos. Así, facilitamos o desenvolvemento do noso traballo cotián e dos demais.
  • Non saímos da aula durante os descansos, non sendo que teñamos que acudir a outra aula para a seguinte clase ou si temos permiso do profesor. Como norma xeral nos descansos entre materias permanecemos ao carón do noso pupitre sen desplazarnos pola aula.
  • Tan pronto como o profesor/a entra na aula dispoñémonos rapidamente para comezar a clase.
  • Non está permitido mascar chicle, nin comer caramelos ou pipas, etc. en todo o recinto escolar.
  • Mantemos a nosa clase limpa e en orde, empregando a papeleira, evitando escribir ou raiar nos pupitres.
  • En relación ao aspecto persoal, os alumnos presentaranse non colexio adecuadamente aseados e limpos. Asistirán a clase sen “piercings”, con peiteado e roupa correctos e adecuados para un lugar de traballo e para as actividades que se realizan (non se permiten pantalóns rotos ou con aberturas, camisetas de asas, roupa ou calzado deportivo ou de praia…). Para as clases de Educación Física empregarase o uniforme deportivo propio do colexio dende 4º de Ed. Infantil ata 4º de ESO. Os alumnos de bacharelato usarán un pantalón de chándal escuro (negro ou azul mariño), unha camiseta de manga curta branca e tenis de sola branca; este vestiario utilizarase exclusivamente durante a hora de Educación Física, tendo que cambiarse ao finalizar a mesma.
  • Levarase o uniforme indicado ata 4º ESO (incluído). As prendas de abrigo poden ser de calquera forma ou cor. Lembramos que non están permitidas como prendas de abrigo suadoiros ou prendas deportivas. O uso do uniforme supón unha imaxe adecuada e acorde co mesmo.
  • O uso dos teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos non destinados á actividade académica está prohibido na totalidade do recinto escolar e, como norma xeral, nas actividades extraescolares e complemetarias. No caso de incumprimento da norma, retirarase o dispositivo que deberá ser recollido polos proxenitores ou titores legales no colexio.
  • Non está permitido fotografar e/ou gravar imaxes e/ou sons con calquera dispositivo durante o horario lectivo.
  • O colexio non se fai responsable dos obxectos de valor, diñeiro e outras pertenzas que os alumnos traian ao centro.

 

O incumprimento destas normas de convivencia será sancionado de acordo co vixente Regulamento de Réxime Interno do Colexio Mariano e co disposto no DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.