Semana do Obxectivo «Celebra a vida»

Do 17 ao 21 de febreiro celebramos a Semana do Obxectivo «Celebra a Vida». Sete días nos que afondaremos no valor que marca o noso curso escolar.
 Este ano, a vida é o leitmotiv que guía as nosas accións pastorais, xa que queremos que non só os nosos alumnos e alumnas, senón toda a comunidade educativa, reflexionemos sobre as distintas manifestacións da vida para comprometernos a defendelas e coidalas:

  • Coidado da creación.
  • Coidado do próximo.
  • Coidado interior.
  • Coidado da nosa relación con Deus.

Se coidamos todos estes aspectos da nosa vida, poderemos darnos conta da sorte que temos e saberemos valorar todos os dons que se nos dan como fillos de Deus cada día. Ao sentirnos afortunados e cheos de alegría, non nos queda outra razón que celebrar a vida.

Nesta semana, as nosas comunidades educativas realizarán distintas actividades das que vos iremos informando a través dos distintos canais de comunicación dos nosos colexios. Unha delas será o Concurso fotográfico «Celebra a Vida». Queremos convidarvos a participar nesta actividade compartindo as vosas fotos a través da nosa conta de Instagram (@colegios.franciscanas.anamogas) e expresando que significa para vós o noso lema «Celebra a Vida» e o valor que estamos a traballar este ano nos nosos colexios: A VIDA.

Podedes consultar todas as bases do concurso aquí.

Anímate e únete ao noso obxectivo:

Celebra a Vida

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Imagen de Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas