Concreción dos criterios de promoción e titulación e matrícula de honra establecidos pola ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.
Os diferentes apartados desta concreción referencianse ao artigo correspondente da citada orde, indicándose cada artigo ao carón do título do apartado.
EDUCACIÓN PRIMARIA
AVALIACIÓN Art. 5
A avaliación da aprendizaxe do alumnado realizarase tomando como referencia os criterios de avaliación e, de ser o caso, estándares de aprendizaxe para valorar:
- O grao de adquisición das competencias
- O logro dos obxectivos da etapa
No caso dos alumnos con adaptación curricular seguiranse os criterios incluídos na devandita adaptación, sen que isto poida impedirlle a promoción ao curso ou á etapa seguinte.
PROMOCIÓN Art. 6
Ao finalizar os cursos 2º, 4º e 6º; o equipo docente decidirá a promoción:
- De xeito colexiado.
- Tendo en conta criterios de promoción establecidos.
- Terase en especial consideración a información e o criterio do profesorado titor.
- O alumnado que promocione de curso con algunha área con cualificación negativa recibirá os apoios necesarios para recuperar as aprendizaxes que non alcanzara o curso anterior.
- O alumnado que non acade a promoción permanecerá un ano máis no mesmo curso (só unha vez durante a etapa, oídas as nais, os pais ou as persoas que exerzan a titoría legal). O equipo docente organizará un plan específico de reforzo co obxectivo de acadar as competencias correspondentes.
- No resto dos cursos (1º, 3º e 5º) a promoción será automática.
EDUCACIÓN SECUNDARIA
AVALIACIÓN Art. 7
- Ao longo do curso realizaranse tres sesións de avaliacións parciais. Así mesmo farase o seguimento da recuperación das materias ou ámbitos pendentes, se fose o caso.
- Entre a 3ª avaliación e a final realizaranse actividades de apoio, reforzo, recuperación,
- ampliación e titoración.
- Para o alumnado que teña materias ou ámbitos con partes sen superar logo de realizada a terceira avaliación parcial, o equipo docento realizará un breve informe de avaliación individualizado como base para o deseño das correspondentes actividades de recuperación.
- A cualificación definitiva das materias ou ámbitos farase efectiva na avaliación final de curso.
PROMOCIÓN Art. 8
O alumnado promocionará dun curso ao seguinte cando:
- Supere todas as materias ou ámbitos nos que estea matriculado.
- Teña avaliación negativa nunha ou dúas materias (incluíndo as de cursos anteriores)
- No caso de ter máis de dúas materias suspensas o equipo docente poderá decidir a promoción se cumpren todas as condicións seguintes:
- A media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias nas que estea matriculado sexa igual ou superior a cinco.
- O equipo docente considera que as materias non superadas permitiranlle seguir con éxito o curso seguinte
- O equipo docente estima que hai expectativas favorables de recuperación
- O equipo docente estima que a promoción beneficia a evolución académica.
- O alumnado que promocione con materias sen superar deberá seguir un plan de reforzo destinado á súa recuperación.
- A repetición considerase unha medida excepcional. Poderase permanecer unha soa vez no mesmo curso e dúas veces como máximo no ensino obrigatorio. Excepcionalmente poderase permanecer un ano máis no cuarto curso aínda que se esgotara o límite permanencia, sempre que o equipo docente o considere.
- Para o alumnado repetidor establecerase un plan específico personalizado onde se recollerán as medidas orientadas á superación das dificultades detectadas.
TITULACIÓN Art. 10-11
O equipo docente decidirá sobre a titulación do alumnado na sesión de avaliación final ao rematar o cuarto curso da etapa. A decisión será adoptada de forma colexiada e o alumnado obterá o título cando:
- Superase todas as materias ou ámbitos cursados.
- No caso de ter avaliación negativa nalgunha materia ou ámbito poderá obter o título se se cumplen todas as condicións seguintes:
- A media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias nas que estea matriculado sexa igual ou superior a cinco.
- O alumno ten adquiridas as competencias establecidas.
- O alumno alcanzou os obxectivos da etapa.
Matrícula de honra Art 12.
Os alumnos que, logo da avaliación final do cuarto curso, obtivesen unha nota media do cuarto curso igual ou superior a nove puntos poderán recibir a mención de matrícula de honra.
Os criterios para ordenar aos posibles alumnos que opten a matrícula, serán:
- Cualificación media da etapa obtida por cada alumno.
- En caso de igualdade no anterior criterio, cualificación media máis alta en 4º de ESO.
- En caso de igualdade no anterior criterio, cualificación media máis alta en 3º de ESO.
- De ser necesario, as cualificacións medias máis altas de 2º e 1º de ESO.
BACHARELATO
AVALIACIÓN Art. 13
- Ao longo do curso realizaranse tres sesións de avaliacións parciais. Así mesmo farase o seguimento da recuperación das materias ou ámbitos pendentes, se fose o caso. A última destas tres sesións coincidirá coa avaliación final ordinaria.
- O alumnado que non superase algunha materia realizará unhas probas extraordinarias, realizándose a sesión de avaliación correspondente nas datas establecidas polo calendario escolar.
PROMOCIÓN de 1º a 2º curso. Art. 14
O alumnado promocionará cando:
- Supere todas as materias nas que estea matriculado.
- Teña avaliación negativa nunha ou dúas materias.
- En 1º de bacharelato, no caso de non promocionar o alumnado deberá repetir o curso na súa totalidade.
A repetición de 2º de bacharelaro poderá ser do curso completo ou das materias non aprobadas.
TITULACIÓN. Art. 15
O equipo docente decidirá sobre a titulación do alumnado na sesión de avaliación final ao rematar 2º de bacharelato. O alumnado obterá o título cando:
- Obteña avaliación positiva en tódalas materias dos dous cursos de bacharelato.
- Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir a obtención do título cando un alumno superase tódalas materias agás unha se se cumplen simultaneamente as seguintes condicións:
- O alumno alcanzou as competencias e os obxectivos.
- Non se produciu inasistencia continuada e non xustificada. Considerarase inasistencia continuada en non xustificadas cando as faltas non xustificadas superen o 10 % das horas lectivas mensuais.
- O alumno presentouse ás probas (incluídas as da convocatoria extraordinaria) e realizou as actividades necesarias indicadas polo profesor para a avaliación.
- A media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa cursada e que como mínimo se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que se remata sexa igual ou superior a cinco.
Matrícula de honra Art 18.
Coma criterio xeral, optarán á matrícula de honra os alumnos que teñan cualificación final media de segundo de bacharelato superior ou igual a nove.
O número de matrículas que se concedan, serán as permitidas pola lexislación vixente.
Os criterios para ordenar aos posibles alumnos que opten á matrícula serán:
- Maior cualificación media de segundo de bacharelato, sen considerar a materia de Relixión.
- En caso de igualdade no anterior criterio, maior número de cualificacións “10” na avaliación final, en 2º de bacharelato.
- En caso de igualdade no anterior criterio, maior número de cualificacións “10” ao longo do curso 2º de bacharelato despois de cada unha das avaliacións, e antes das posibles probas de subida de nota.